20% OFF shipping at crewmailservices.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
crewmailservices.com
home > ANNA TURBAU. GALICIA 1975–1979 > ANNA TURBAU. GALICIA 1975–1979
download picture
ANNA TURBAU. GALICIA 1975–1979Unha exposicin que repasa a ollada ntima da fotgrafa Anna Turbau Galicia da transicin. Este catlogo peneira no arquivo fotogrfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau pioneira na escolla das temticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operacin na corda frouxa que ten como albo construr unha obra pegada ao real. Talvez por
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
Unha exposición que repasa a ollada íntima da fotógrafa Anna Turbau á Galicia da transición.
Este catálogo peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real.

Talvez por iso poidamos aplicarlle ao contexto no que fotografou, a Galiza de fins dos setenta, a opinión de Eco cando di que as vicisitudes do noso século [dos curtos anos setenta] están resumidas por poucas fotografías exemplares que fixeron época. “Anna Turbau. Galicia, 1975-1979” é un libro que responde ao legado que Anna cedeu ao Consello e que suma máis de 10.000 negativos. Un traballo de edición fiel ao arquivo da fototógrafa catalá xa que existe unha correlación entre o espazo que ocupan na publicación e o número de negativos que hai no arquivo. Ademais das fotografías, a publicación conta con catro textos que permiten contextualizar a obra e a autora.

Conflitos e intimidades
A Galicia retratada por Anna Turbau reflicte o mundo rural, os espazos íntimos, a enfermidade, a soedade ou o conflito. Ámbitos destacados son as loitas campesiñas e sociais contra a realización da autoestrada AP-9, as traballadoras do campo, as mariscadoras, o mundo da relixiosidade popular, as manifestacións polo naval ferrolá, os debates sobre a autonomía e as posicións nacionalistas ou espazos ata ese momento moi pouco visibilizados coma o sanatorio psiquiátrico de Conxo. Un auténtico miradoiro sobre as profundas transformacións e tensións que estaba a vivir a Galicia da transición, de a cabalo entre unha dictadura e unha democracia, entre unha sociedade rural que deixaba de selo en parte.

"A miña ollada é sempre desde o respecto", sinala Ana Turbau. "Ver a aqueles mulleres dobregadas polo traballo e aínda así loitando hai que valoralo. Esa resistencia e ese convencemento que tiñan ao redor do que estaban facendo". Turbau chegou a unha Galicia na que a presenza dos medios de comunicación e o trato con xornalistas ou fotógrafos era moi reducido. "Eu facía as fotos de muller a muller", sinala a fotógrafa, "eu dicíalles que tiñamos a capacidade de que o seu problema se puidera fóra de Galicia. E accedían a facer a foto".

Por iso a ollada de Anna Turbau é unha ollada dunha Galicia na que a muller ocupa un papel predominante na exhibición. Unha muller rodeada de maneira habitual de obxectos, situacións e acenos: a cama, as olladas ou as mans. No futuro poderase acceder a un catálogo que incluirá máis fotografías alén da selección de cen imaxes que se poden visitar, como unha viaxe a un tempo aparentemente tan próximo pero que retrata unha Galicia moi distinta á actual.

Margarita Ledo achega unha lectura que reflicte o seu propósito comisarial e o seu encontro con Anna neses anos. O texto de Emilio Grandío ten un punto de vista histórico de revisión da transición. O de Cristina Zelich enmarca a obra de Turbau no contexto da fotografía dos anos sesenta, mentres que o de Rebeca Pardo fai unha análise complementaria de toda a obra da fotógrafa catalá. A publicación é tamén o primeiro traballo de compilación e documentación que se fixo sobre o legado desta fotógrafa.

Anna Turbau Estudou deseño gráfico en Barcelona, na escola Massana (Centre d’Art i Disseny) e na ELISAVA (Escola Universitària de Disseny i Enginyeria de Barcelona).
O seu primeiro contacto coa fotografía chegoulle en 1975, cando recibiu o encargo de facer unha serie de fotografías na Ciutat Vella de Barcelona e descobre unha cidade marxinal e oculta. Esta experiencia foi decisiva na súa escolla da fotografía como medio expresivo e na súa procura de visibilizar o invisible. Ese mesmo ano entra en contacto con Galicia, onde fixou a súa residencia e traballou como fotoxornalista nun contexto maiormente masculino e no que destacou cun traballo moi persoal, respectuoso e incisivo. A presión policial obrigouna a marchar en 1979.
Regresa a unha Barcelona onde comeza a traballar na revista “Actual” e en 1984 na realización televisiva, eido en que se especializou en programación educativa e cultural. Foi profesora de fotoxornalismo na Escola Internacional de Fotografia Grisart de Barcelona. Na actualidade vive entre Calatañazor (Soria) e Barcelona, e continúa a traballar en series fotográficas como Mujer y silencio (2009) e na súa última obra: a documentación fotográfica da exhumación dos fusilados de guerra en Calatañazor (2017).  

____

Editorial: Consello da Cultura Galega 09-2019
Idioma: Galego
Páxinas: 442
FOTOGRAFÍA
HISTORIA GRÁFICA
FOTOXORNALISMO

ANNA TURBAU. GALICIA 1975–1979

Item no : 66277673518
sold recently : Login >>
US$ 30.00
Pay in 4 interest-free payments of $7.50 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 23 - Jun 28

Enjoy 20% off shipping

US$ 30.00

1-11

US$ 27.00

12-35

US$ 21.00

36-59

US$ 18.00

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches